Maxia nocturna, en linguaxe de signos e gala especial no XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
Nas xornadas participarán unha vintena de magos entre eles Imanol, MagAldara, Magic Mateo e Alvart
XIX-Festival-Internacional-de-Maxia-Vila-de-Sarria
28 Jul 2024

Sarria volverá ser epicentro da maxia co XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, que terá lugar no municipio os vindeiros 22, 23, 24 e 25 de agosto. Nas xornadas participarán unha vintena de magos entre eles Imanol, MagAldara, Magic Mateo e Alvart. Deste xeito, Lolo aposta por xente que nova que está comezando nun lugar como Sarria onde que fan sentir a cada artista como na casa.

Entre os debutantes está Alvart que se suma a outros como MagAldara, que debutou o ano pasado, gañando o agarimo incondicional do público, Magic Mateo, José Antonio coñecido como El Barón ou Christian Miró. O programa comeza o xoves 22 ás 12.00 horas con maxia na residencia de maiores da man de Roberto Lolo e o Mago Antonio. Pola tarde, haberá maxia infantil no paseo do malecón a partir das 17.30 horas co Mago Paco e tamén en Moncho Moda don Samuel Moreno, Mago Imanol e El Barón a partir das 18.30 horas e na Travesía dos Soños ás 19.30 horas.

Seguirá en Calzados Gayoso desde ás 20.45 e no café bar Cbanpo dende as 21.30 horas. Xa ás 22.45 horas, terá lugar a gran gala inaugural no Meigallo. O festival continúa o venres ás 11.30 horas con maxia infantil #SarriaConcilia no paseo do Malecón con Judith Trillirí e O Mago Paco para dar paso a maxia no Capd e unha sesión especial de maxia en Creados a partir das 12.30 horas con MagAldara, Daniel Sánchez e Samuel Moreno.

Á mesma hora comezará a sesión vermú con maxia no Mercado Paladar Gourmet. Pola tarde, haberá maxia familiar no Montecarlo dende as 18.00 horas, no Hotel Alfonso IX e a Gran Gala  #SarriaesMagia no Meigalo. A gala especial Noite de Maxia no Don Pepe seguiralle a partir da 01.00 horas. O sábado é a quenda da Maxia no Camiño Francés na praza Vigo de Sarria dende as 12.30 horas e de paseo con maxia de preto polas terrazas do Malecón ás 17.00 horas.

Tamén haberá unha Gran Gala de Maxia de preto na Casa da Cultura dende as 18-30 horas con Daniel Sánchez, Mariano Goñi, Román García e Miguel Ángel Gea. Os asistentes tamén poderán gozar, a partir das 21.15 horas, da Segunda Gala de Maxia en Galicia  Accesible en lingua de signos española no Meigallo a partir das 21.15 e da Gran Gala Nocturna no Adarve ás 23.45 horas. O programa remata o domingo cunha gran fala infantil #Todospolosorisodunneno no Meigallo ás 12.30 horas e maxia para toda a familia na Unión ás 18.00 hora se a gran gala final na praza da vila dende as 22.30 horas.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13712310791016