Meigas e Trasgos inicia o novo curso con actividades de música e baile tradicional en Sarria

SarriaXa
A asociación abre inscricións para grupos infantís, de iniciación e adultos en baile, percusión, pandeireta e gaita
Obradoiro-Pandeireta-Meigas-e-Trasgos-2
10 Sep 2025

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos de Sarria comezará o seu curso 2025-2026 o vindeiro 4 de outubro cun programa cheo de propostas vencelladas á música e ao baile tradicional galego. A entidade presentou a nova tempada con moita expectación, destacando que contará cun cadro docente “de auténtico luxo”.

As actividades inclúen clases de baile tradicional, percusión, pandeireta e gaita, con grupos de iniciación, infantís e de persoas adultas. Dende a asociación salientan que ao longo das vindeiras semanas irán presentando ao profesorado, convencidos de que non deixará indiferente ao alumnado.

Meigas e Trasgos mantén abertas as inscricións e anima á veciñanza a unirse á súa familia cultural, apostando un ano máis por achegar á xente de Sarria a riqueza do patrimonio inmaterial galego a través da aprendizaxe e da convivencia.

⚙ Configurar cookies
0.11032295227051