Meigas e Trasgos organiza un obradoiro de pandeireta para o vindeiro 22 de abril

SarriaXa
Meigas e Trasgos organiza un obradoiro de pandeireta para o vindeiro 22 de abril que terá un custo de 50 euros
Obradoiro pandeireta Meigas e Trasgos (1)
22 Mar 2023

A asociación Meigas e Trasgos de Sarria organiza un obradoiro de pandeireta para o vindeiro 22 de abril de 16.00 a 20.00 horas.

Neste taller, as persoas aprenderán a facer e construír coas súas propias mans unha pandeireta.

O prezo da actividade é de 50 euros porque inclúe as catro horas de formación coa clase práctica para poder construíla e así poder desfrutar deste instrumento musical galego.

Desde a asociación defenden que para que se celebre, debe haber un mínimo de 15 persoas apuntadas e un máximo de 30.

Se hai algún menor de 10 anos que queira acudir a este evento, debe facelo acompañado dun adulto.

Para máis información e reservar praza, débese contactar con Susana no número 639 974 587 ou no correo directiva@meigasetrasgos.gal.

Obradoiro pandeireta Meigas e Trasgos (1)
0.15962696075439