Meigas e Trasgos pon en marcha novas actividades musicais e de baile para este curso

SarriaXa
A Asociación Cultural Meigas e Trasgos pon en marcha a partir de hoxe novas actividades para os veciños e veciñas de Sarria a través de diferentes iniciativas de música e de baile.
Obradoiro Pandeireta Meigas e Trasgos
7 Oct 2023

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos pon en marcha a partir de hoxe novas actividades para os veciños e veciñas de Sarria a través de diferentes iniciativas de música e de baile.

Así, todos os sábados haberá clases de baile polas mañás e tardes en diferentes grupos de idade e diferentes horarios e, pola tarde, haberá clases de música tamén en diferentes horarios pero divididos por instrumentos.

O grupo das burbuxiñas, que son clases de iniciación ao baile, terán as súas clases de 12.00 a 13.00 horas, mentres que as burbuxas, clases de perfeccionamento infantil, terán lugar de 11.00 a 12.00 horas. Pola súa parte, o baile avanzado adulto terá as súas clases de 17.00 a 18.30 horas os sábados pola tarde.

Pola súa banda, os grupos de instrumentos terán dous subgrupos, un de iniciación e outro de perfeccionamento. Así, as persoas interesadas en gaita, terán as clases de iniciación de 16.00 a 17.00 horas e o de perfeccionamento de 19.00 a 20.00 horas. Da mesma maneira, os de pandeireta e os de percursión coincidirán nos horarios, tendo as súas clases de iniciación de 17.00 a 18.00 e de perfeccionamento de 18.00 a 19.00 horas.

Por último, desde Meigas e Trasgos tamén poñen en marcha outra actividade de baile para adultos os mércores ás 20.30 horas.

Actividades Meigas e Trasgos
0.14870309829712