Meira gaña o Rally San Froilán e Senra, segundo, xa é campión galego
O Rally San Froilán 2023 tivo na madrugada do domingo dous novos campións. Alberto Meira foi o vencedor da sesión luguesa mentres que Víctor Senra, que quedou segundo, fíxose co título de campión Galego.
Remata cun novo éxito de público e de participantes, malia o tempo que deu algo de tregua durante o sábado, un rally no que Alberto Meira dominou en case todos os tramos aos mandos do seu Skoda Fabia. Este é o terceiro triunfo consecutivo en Lugo completando un percorrido de 1.10.58.480 e 10.6 segundos de vantaxe con respecto a Víctor Senra, quen finalizou cunha vantaxe de 2.05 minutos ante Iago Caamaño, que co seu Fod Fiesta foi o terceiro.
A segunda praza tivo un sabor de vitoria para Víctor Senra, que no seu Hyundai i20 certifica o título de campión galego e acumula o sétimo para o piloto de Dumbría. Tiña como meta Senra quedar entre os cinco primeiros e non perdeu o pé en ningún momento.