Melloran os exteriores do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela

SarriaXa
As obras, cun investimento de 42.471 euros con fondos propios, melloran a accesibilidade e a seguridade do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela
Ceip-Plurilingue-San-Miguel-de-Paradela-renovado
17 Jul 2025

O Concello de Paradela levou a cabo obras de acondicionamento nos arredores do CEIP Plurilingüe San Miguel, co obxectivo de mellorar a accesibilidade e funcionalidade do recinto educativo.

Os traballos incluíron a pavimentación de zonas exteriores, a instalación dunha rampa para facilitar o acceso, a reparación das gradas existentes, a colocación dunha barandilla nas escaleiras e a incorporación de novo mobiliario urbano.

O investimento total ascendeu a 42.471 euros, unha cantidade financiada integramente con fondos propios do Concello de Paradela.

Desde o goberno local destacan que con esta actuación continúan a traballar polo benestar e a seguridade dos nenos e nenas do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.15178298950195