Melloran as vías municipais en Río, A Pedreira e Outeiro, no concello de Láncara

SarriaXa
O Concello adxudicou na última Xunta de Goberno por valor de case 330.000 euros varias obras no municipio.
láncara-concello
25 Xul 2024

O Concello de Láncara adxudicou na última Xunta de Goberno por valor de case 330.000 euros varias obras no municipio. Concretamente, mellorarán as vías municipais en Río, ao que destinan máis de 96.000 euros e tamén os camiños de acceso ás parcelas agrícolas en A Pedreira e Outeiro.

Tamén traballarán nas vías municipais en Veiga de Outeiro, unha actuación que conta cun investimento duns 29.000 euros e reformarán as beirarrúas na rúa Alfonso Cela por un importe de máis de 47.000 euros. Por último, renovarán as conducións de abastecemento na parroquia dos Vaos, investindo máis de 22.000 euros. A maiores do importe  tamén están en proceso de licitación as obras de Vilouzán e Leirado por un valor de 110.000 euros e un muro de contención en Vilaesteba por 40.000 euros.

0.17868304252625