Mellorando día a día

SarriaXa
Adrián Fernández fala da tempada do remate do ano para o CB Sarria xa que foron bos resultados en case tódalas categorías para o CB Sarria.
16 Mar 2024

Por Adrián Fernández.

Rematou febreiro e todos os equipos continúan a mellorar o seu xogo, o que estase a notar tamén nos resultados.

Comezamos coma sempre cos máis pequenos, polos preminis, na categoría feminina o Fisioterapia Ivonne Castro segue líder sen perder un só encontro (8-0) mentres que o Casa Barbadelo tivo un mal mes con 3 derrotas, a última no derbi de Sarria por 57-23, que as deixa quintas cun balance de 2-6. Na masculina, o Oso Blanco vai 2º no grupo A empatado con Ribadeo con 3 vitorias e unha derrota e o Cementos Cosmos, pola contra, segue aínda sen coñecer a vitoria no grupo B e queda cun balance de 0-4 despois de perder os tres partidos do mes de febreiro.

Na categoría minibasket masculina, os de Sarria, despois de baixar ao grupo B, comezaron ben o intento de volver ao grupo A gañando a domicilio ao Rosalía de Castro por 25-59. O equipo feminino, estas na 1ª división, remataron a primeira fase nun meritorio 2º posto no grupo norte con 9 vitorias e 3 derrotas (2-1 en febreiro) que as deixa encadradas no grupo a2.

Na categoría infantil o equipo feminino, despois de gañar a final na loita polo 5º posto, comezou a segunda fase co pé no acelerador gañando os 3 partidos xogados en febreiro, iso si, todos coma local, pero seguro que manterán o nivel fora da casa. Mentres, o preinfantil masculino segue con altibaixos, 2 vitorias e 2 derrotas, a última contra os de Cidade de Lugo, o outro equipo da provincia, por un axustado 70-74, o que os deixa na 7ª posición empatados con Montrove e Baxi Ferrol con 6-8.

Imos agora coa categoría cadete, o equipo masculino rematou a fase de grupos 2º con 2-2 despois de gañar en febreiro os dous encontros contra San Xillao e perder contra Ensino, e o equipo feminino esta na 3ª posición do grupo par con 1-3 empatadas con Estudiantes azul, pero pese ás derrotas pódese apreciar unha gran mellora no xogo do equipo.

Na categoría júnior seguen as cousas igual que rematou a fase de inverno, o equipo feminino segue sen perder na fase regular e remata líder a primeira volta con 5 vitorias, pola contra, o equipo masculino vai 2º empatado con Estudiantes cun balance de 4-1, dúas vitorias, unha moi importante en Foz, e unha derrota no mes de febreiro.

Na categoría sénior os dous equipos comezaron a segunda fase da mesma maneira, gañando os 2 encontros cada un. O equipo feminino so xogou eses dous partidos e quedan primeiras no grupo B mentres que o equipo masculino, que está na mesma posición, colleitaría dúas vitorias máis para pechar a primeira fase na 4ª posición con 9-7 e así rematar un mes perfecto para eles.

O CB Sarria está a entrar na parte importante da tempada con bo rendemento pero aínda queda moito por xogar, a seguir así.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15630698204041