Mellorarán os camiños en Teivilide, Lourido e Suñide, en Samos

SarriaXa
Tamén se poñerá en marcha un estudo da rede municipal de estradas
Concello-de-Samos
27 Jul 2024

O Concello de Samos aprobou unha modificación de crédito por un remanente de 68.329 euros para a mellora de camiños. Deste xeito, levaranse a cabo obras en Teivilide, Lourido e Suñide e tamén se poñerá en marcha un estudo de rede municipal de estradas

En Teivilide e Lourido levaranse a cabo obras que superan os 100.000 euros de presuposto, polo que é á que se destina un maior investimento. Consistirá así na renovación da pavimentación das vías no interior destes núcleose nos accesos. As melloras están incluídas no plan de rehabilitación de camiños en zona de concentración parcelaria e terá un custo de 49.714 euros para o Concello de Samos.

Pola súa parte, o Goberno local tamén se encargará de renovar o pavimento no camiño que une o lugar de Francos á igrexa da parroquia de Suñide, cun custo superior aos 30.000 euros, dos que 5.828 euros serán proporcionados polo Concello.

Ademais, inclúese o control de calidade e honorarios das obras por un valor de 12.500 euros e, por último, o Goberno local vai a realizar un estudo sobre das estradas que pertencen á rede municipal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13067293167114