Mellórase a eficiencia enerxética do alumeado público en varias parroquias de Paradela

O Concello de Paradela levou a cabo melloras na eficiencia enerxética da instalación de alumeado público en distintos lugares do municipio, concretamente nas parroquias de Vilaragunte, Andreade, Cortiñas (Toimil), Barán e Güián.
O proxecto conta co apoio económico da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental 2025, e supón un investimento de 34.535,37 euros.
As actuacións teñen como obxectivo optimizar o consumo enerxético, reducir os custos e contribuír á sustentabilidade ambiental no municipio.