Membros da Organización Xuvenil Española realizan un campamento en Triacastela
Arredor de 40 membros da Organización Xuvenil Española veñen de visitar o concello de Triacastela, para dar a benvida aos novos afiliados e presentar á nova directiva.
Os participantes realizaron numerosas actividades durante todo o día como aprender a voar un dron, realizar rutas programadas ou montar as súas propias tendas de campaña. Posteriormente, tivo lugar a entrega de recompensas e recoñecementos.
Á comida que fixeron os membros da organización acudiu a alcaldesa, quen informou sobre a construción a mans de mozos da OJE do monumento ao Peregrino erixido na Praza do Concello no ano 1965.
A ruta xacobea convértese así nunha das protagonistas destas xornadas bautizadas como Mocidade no Camiño, nas que participaron nenos a partir de 6 anos de idade.
Estas xornadas realízanse de forma anual polo colectivo OJE que este año elixiu como destino Triacastela, ao ser un punto de paso importante para o Camiño de Santiago.
O COLECTIVO
A OJE confórmase como unha organización xuvenil sen ánimo de lucro que realiza todo tipo de actividades formativas para a mocidade.
Ocupan educativamente o seu tempo libre en conseguir un exercicio máis responsable da súa liberdade para ser mellores cidadáns. Teñen a súa orixe no ano 1.960 e son totalmente independentes.
Son unha organización de mozos e para mozos que realizan numerosas actividades co fin de fomentar a convivencia. O seu obxectivo é formar aos seus integrantes como persoas e como membros da sociedade.
Pola súa finalidade educativa, amósanse totalmente independentes de ideoloxías políticas, económicas y de confesións relixiosas, así como de calquera outra entidade.
O que buscan é divulgar tódalas actividades que realiza a súa organización para promover riqueza de contidos e potenciar unha imaxe de convivencia dos distintos valores.