'Mercar en Láncara, terá premio' unha iniciativa que promove o comercio local
Mercar en Láncara, terá premio é unha campaña que organiza o Concello de Láncara para apoiar, promover, dinamizar e activar o pequeno e mediano comercio local incentivando as compras nos comercios da poboación durante o período de Nadal.
Nesta campaña poderá participar calquera establecemento comercial con domicilio social en Láncara que mostre o seu desexo de colaboración inscribíndose previamente no concello antes do 17 de decembro. Do mesmo xeito poderá participar toda persoa que adquira, mediante a compra e baixo as condicións indicadas nas bases da campaña en calquera establecemento adheridos a esta campaña.
Mecánica do sorteo
Os comercios adheridos entregarán aos seus clientes unha papeleta por cada compra no establecemento, esta permitirá participar no sorteo. A entrega de papeletas realizarase ata o día 9 de xaneiro de 2022.
Os establecementos devolverán ao concello as matrices dos talonarios para comprobar as papeletas entregadas na campaña. Terán como prazo máximo ata o día 12 de xaneiro. A non devolución das matrices invalidará as papeletas entregadas polo establecemento.
O sorteo terá lugar o día 27 de xaneiro de 2022 no Salón de Plenos do concello e, a partires do día seguinte, o 28 de xaneira ata o 15 de febreiro, deberán acudir as persoas premiadas coa papeleta para recoller o vale.
O vale poderá canxearse ata o 15 de marzo nos establecementos adheridos á campaña.
Premios
Haberá tres categorías, un premio de 500 euros para gastar nos establecementos adheridos á campaña (a gastar en dous establecementos, 250 euros en cada un). Haberá dous premios de 100 euros para gastar nun mesmo establecemento e seis premios de 50 euros para gastar nun mesmo establecemento.