Mercar no comercio de Sarria ata o 21 de setembro ten premio
O CCU de Sarria - ACES en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, poñen en marcha a campaña de dinamización Mercar no teu comercio ten premio.
Mercar no comercio de Sarria entre o 14 e o 21 de setembro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio desta vila.
Así, todos os clientes de Sarria que realicen compras por importe mínimo de 10 euros nos establecementos asociados, que nesta ocasión participan uns 65 negocios, entre o 14 e o 21 de setembro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o xoves 21 de setembro, ás 19.00 horas na Rúa da Liberdade. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 16.00 horas nesta mesma praza.
Dende esa hora, todos os clientes poderán ademáis optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. A partir das 18.00 horas haberá tamén animación infantil