"Mercar no teu comercio ten premio" fará o sorteo dos 1.000 euros esta tarde en Sarria
Esta tarde, ás 19.00 horas, terá lugar o sorteo en directo dos premios da campaña “Mercar no teu comercio ten premio” da CCU de Sarria - ACES en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia.
O evento final da campaña empezará ás 16.00 horas na na Rúa Liberdade, 91, onde entre as 16.00 e as 19.00 horas, poderán canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña, do 14 ao 21 de setembro, por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 8 tarxetas de 50 euros.
Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comerciode proximidade local. Ademais, todos os clientes participantes poderán optar a un agasallodirecto participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio.
Por outra banda, para amenizar a xornada, ás 18.00 horas, a compañía Trécola Produccións representará a súa obra “The Piccole Theatre Vagamundi”, show de marionetas de fíos para tódolos públicos.