Mercedes Vázquez inaugurou en Samos a súa exposición fotográfica 'Mulleres'

SarriaXa
A artista estivo acompañada da alcaldesa de Samos, Chus López, do presidente da Asociación de Empresarios de Samos, a única monxa que queda no Mosteiro
exposición-Mulleres-Mercedes-Vázquez
3 Out 2024

A fotógrafa sarriá Mercedes Vázquez, que expuxo a súa obra ‘Traballos do campo’ na antiga prisión preventiva da vila, vén de inaugurar outra das súas exposicións, ‘Mulleres’ na antiga biblioteca municipal de Samos.

Acompañada da alcaldesa, Chus López; o presidente da Asociación de Empresarios de Samos, a única monxa que queda no Mosteiro de Samos e demais amigos e amigas da zona; Mercedes Vázquez mostrou a súa recompilación de fotografías sobre mulleres.

Desta maneira, ata o vindeiro 28 de outubro poderá visitarse esta mostra en horario de luns a venres de 09.00 a 13.30 horas, aínda que se algunha persoa quere visitala noutro horario, poderá solicitalo no Concello de Samos.

A fotógrafa sostén que “para min Samos é moi importante, porque pasei moitos veráns na casona solitaria de Veiga de Reiriz, onde fun libre, correndo polas leiras adiante. Algunhas veces fun coa miña curmá Menchu, e alí vivía un rapaciño que viña con nós no burro. Os nenos desfrutabamos do baño no xeado río, ao carón da ponte, pero tamén participabamos dos traballos do campo.

Así, continúa explicando: “En Veiga aprendín a amar o rural, un microcosmos que me marcou. Sempre lembrarei a Laly Castro Camba, a nosa anfitrioa, a súa nai Eulalia, e seu pai Tista, e a famosa tía Carmen, unha muller única que contaba contos de medo aos nenos”, conclúe.

0.17115998268127