Mes decisivo para o CB Sarria

SarriaXa
Adrián Fernández fala da tempada do remate do ano para o CB Sarria xa que foron bos resultados en case tódalas categorías para o CB Sarria.
baloncesto nino deporte
9 Maio 2023

Por Adrián Fernández.

Chega abril e con el un mes cargado de fases finais nas que o conxunto amarelo xogase moitas cousas en case todalas categorías nas que participa.

Coma sempre comezamos cos máis pequenos, na categoría Premini o Cementos Cosmos feminino está a loitar pola 5ª praza e de momento gañou na ida a Galen Ensino por dous puntos (24-26) mentres que o Fisioterapia Ivonne Castro, despois de eliminar ao Ensino Lugo branco nas semifinais, comezou a final gañando na ida ao Cidade de Lugo por 20-23. Na categoría masculina, o Corbar Sarria ocupa o 4º posto con dúas vitorias e dúas derrotas empatado co Ensino Lugo blanco no grupo A, e o Mª T. Martínez Dental ponse 3º tamén con 2-2 pero estes no grupo B.

Na 1ª División Mini as chicas instalanse na 4ª posición con 3 vitorias e 3 derrotas nesta segunda fase, pola súa contra os chicos conseguiron a primeira vitoria da segunda fase tras gañar ao Obradoiro e manteñen a 5ª posición cun balance de 1-5.

Na categoría PreInfantil feminina as xogadoras do CB Sarria seguen intratables con dúas vitorias máis e lideran o seu grupo da segunda fase con 5 vitorias e ningunha derrota, mentres que os seus compañeiros, despois dunha grandísima tempada no foron quen de gañarlle na final ao Estudiantes tras perder os dous encontros, 60-63 en Sarria e 64-49 en Lugo.

O mesmo pasaría na categoría Cadete, o conxunto masculino quedaríase tamén ás portas do campionato perdendo na final contra Burela, pero neste caso ante un rival que demostrou estar noutro nivel durante toda a tempada gañando todos os partidos. Pola parte feminina, as chicas do CB Sarria si foron capaces de acadar o título de campionas da segunda División tras gañar os dous encontros da final ao Cidade de Lugo (60-62 en Lugo e 67-56 en Sarria), clasificándose así para a fase de ascenso onde xogarán contra Basquet Coruña, Maristas Coruña e Culleredo.

A categoría Junior deu por rematada a tempada coa derrota do MGR Sarria masculino na Copa Prémium ante o Cambre na casa por 59-62, agora toca seguir adestrando e mellorar para afrontar o ano que ven.

Por último a categoría Sénior onde o equipo feminino rematou 5º cun balance de 14-8 despois de perder os dous encontros que lle quedaban, e para rematar un mal mes para as de Sarria perderían tamén na loita pola 9ª praza contra San Cibrao por 45-82 na ida e 54-33 na volta, pola contra o equipo masculino segue a xogar a segunda fase onde está 2º con dúas vitorias e tres derrotas a falta dun partido para rematar o grupo.

0.12665104866028