Miguel Ángel Hoyo, novo director deportivo do CB Sarria
Desde o Club Baloncesto Sarria anuncian que veñen de fichar un novo director deportivo, que é Miguel Ángel Hoyo.
Desta maneira, din estar “felices e ilusionados por dar a benvida a este adestrador cunha excelente traxectoria a nivel nacional e internacional”.
E, engadiron que “estamos seguros de que a súa paixón por este deporte e o bo facer no seu traballo, faranos ser mellores”.
Dita traxectoria comeza no Club Basquet Coruña, onde foi adestrador de baloncesto formado nas categorías inferiores do club hai 25 anos. Posteriormente, na tempada 1999-2000 deu o salto ao primeiro equipo coruñés en LEB Oro como parte do corpo técnico e na tempada 2002-2003 dirixiu ao Deportes Cimas na Liga EBA. Así, nas dúas tempadas seguintes, estivo no CB Sarria da misma categoría.
Despois do seu paso polo CB Sarria, estivo no Club Baloncesto Breogán de Liga ACB, como asistente y preparador físico; entre 2006 y 2011, estivo no CB Granada en Liga ACB; no 2011, regresa a Galicia para ser o director deportivo do Club Ourense Baloncesto; en 2012 marcha a África, e na tempada 2014-15 firma polo Horsholm 79ers da Basket Ligaen.
Xa na tempada 2015-16, Miguel Ángel Hoyo volve a Galicia para ser o adestrador do Club Xuventude Baloncesto de Vigo en LEB Plata, en 2016, regresa a Dinamarca para dirixir ao SISU Copenhagen da Basket Ligaen e foi técnico asistente da Selección de baloncesto de Angola durante o preolímpico celebrado en Belgrado. En marzo de 2017, Hoyo firma como adestrador do Club Bàsquet Menorca en Liga EBA; na tempada 2017-18 firma como técnico asistente no Eskişehir Basket Spor Kulübü de la TBL, e na tempada 2018-19 firma polo Saski Baskonia B da Liga LEB Plata. Xa en 2021 firma como adestrador asistente do BC CSU Sibiu da Liga Națională e en novembro de 2022 firma como adestrador do Saski Baskonia B da Liga LEB Plata.