Miguel Ángel Moscoso e Iria Pereiro tomarán posesión como concelleiros do Grupo Municipal Socialista do Incio

SarriaXa
A toma de posesión terá lugar este venres nun pleno ordinario convocado polo Goberno municipal
concelleiros-PSOE-O-Incio
26 Xuño 2024

Miguel Ángel Moscoso e Iraa Pereiro tomarán posesión este venres como concelleiros do Grupo Municipal Socialista do Incio nun pleno ordinario e despois da marcha de Laura Celeiro, exalcaldesa do municipio, e Iria López.

Desta maneira, coa toma de posesión de concelleiros, continúa a renovación do grupo socialista que se vén desenvolvendo desde os comicios municipais do ano 2023, xa que os tres concelleiros que se presentaron, renunciaron. Así, Laura Celeiro, Iria López e, anteriormente, José Amador Rodríguez, xa non forman parte da política local.

Desta maneira, o grupo municipal socialista queda composto polos dous concelleiros que tomarán posesión este venres, Miguel Ángel Moscoso e Iria Pereiro e o terceiro que substituíu a José Amador, Darío Rodríguez.

0.13141679763794