Miguel Fernández foi elixido como segundo na lista do BNG de Láncara
Iago Bande, o candidato á Alcaldía de Láncara polo BNG, presentou ao seu segundo na lista do bloque nacionalista.
Este é Miguel Fernández Arrojo, unha persoa da que di Bande “é un orgullo presentar por ser gandeiro e pai”.
Segundo o candidato á Alcaldía, Miguel Fernández “é unha persoa íntegra, traballadora, con moita capacidade e con gran vocación de servizo público”.
Ademais, “é unha persoa solvente, cos pés na terra e un gran coñecedor do medio rural, medio onde vive e traballa”.
Miguel Fernández xa participara nas anteriores candidaturas, polo que conta con experiencia política, o que pon en valor Iago Bande.
“Pouco a pouco iremos presentado a tódolos integrantes da lista. Unha lista comprometida, que busca a continuidade de persoas capaces, implicadas e preocupadas pola calidade de vida dos veciños”, sentenciou Bande.