Mil euros en xogo polo concurso 'O Lotón' promovido pola ACES de Sarria
Esta tarde ás 13.00 horas celebrarase ‘O lotón‘, un sorteo de mil euros organizado cada ano pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES).
A actividade, que denominaron como “principal da campaña de Nadal” por parte dos componentes da asociación, terá lugar no bulevar da Calvo Sotelo, diante das oficinas dos organizadores.
A persoa gañadora dos mil euros sorteados poderá gastalos en establecementos asociados antes do día de Reis, é dicir, ten dous días para gastalo todo.
No sorteo, a persoa recibirá unha chamada que deberá contestar en dúas horas devolvendo a mensaxe ao teléfono de contacto e aceptar o premio.
O sorteo ‘O lotón’ contará coa presenza do presidente de ACES, Ricardo Arias.