Milrosas Teatro interpretará un conto de Fiz Vergara Vilariño en Samos
SarriaXa
O lugar de Santalla de Abaixo da parroquia de Lóuzara en Samos acolle unha representación teatral do grupo ‘Milrosas Teatro’.
26 Ago 2023
O lugar de Santalla de Abaixo da parroquia de Lóuzara en Samos acolle unha representación teatral do grupo ‘Milrosas Teatro’.
A cita, que terá lugar o vindeiro mércores, 30 de agosto, consistirá na adaptación teatral dun conto de Fiz Vergara Vilariño: ‘Historia dun tolo que sabía tocar o clarinete’.
As persoas interesadas en participar desta actividade poderán facelo de forma gratuíta a partir das 21.00 horas.