Milrosas Teatro representará a súa obra 'O Caxeno, sementador de Ledicia' en Samos

O Concello de Samos anuncia unha nova cita cultural para este xoves 28 de agosto, ás 21:30 horas, en Santalla de Abaixo. O grupo Milrosas Teatro, de Lóuzara, presentará a súa obra “O Caxeno, sementador de Ledicia”, unha adaptación teatral dun conto de Fiz Vergara Vilariño.
Trátase dunha montaxe que, un ano máis, recupera a tradición literaria do autor a través do teatro afeccionado, ofrecendo ao público unha proposta cultural cargada de emoción e identidade local.
A representación é de acceso libre e gratuíto, aberta a todos os públicos. Dende o Concello anímase a veciños e visitantes a anotar a data e achegarse para desfrutar dunha tarde de teatro en comunidade.