Mina Vrillet impartirá un obradoiro de creación plástica para nenos e nenas en Sarria

SarriaXa
Mina Vrillet impartirá un obradoiro de creación plástica para nenos e nenas en Sarria no marco da Bienal de Sarria
Bienal Sarria
24 Xul 2023

Estes vindeiros mércores, 26 de xullo, e xoves, 27 de xullo, a Casa da Cultura de Sarria acolle un obradoiro de creación plástica para nenos e nenas de entre 6 e 13 anos impartido pola artista Mina Vrillet.

Nesta actividade, que será de balde, aínda que as prazas son limitadas; explorarase a creatividade e a imaxinación dos máis pequenos inspirándose na exposición Explo3 da Bienal de Sarria. Desde o Concello explican que esta é "unha oportunidade de expresarse artisticamente e introducirse no mundo da arte contemporánea dende a diversión".

Así, terá diferentes horarios en diferentes quendas segundo os grupos de idade. Por unha parte, o mércores 26 de xullo, entre as 10.00 e as 12.00 horas os nenos e nenas de 6 a 9 anos terán a oportunidade de desenvolver este obradoiro, mentres que o xoves, entre as 10.00 e as 12.00 horas será a quenda dos rapaces de 10 a 13 anos.

0.20067811012268