Mobilidade sostible no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria quere dar continuidade á campaña En bici ao Xograr. Anímate a pedalear! A última campaña do instituto sarriao foi para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade e durou ata o pasado mércores 22 de setembro.
Desta maneira, nesa iniciativa animábase a tódolos alumnos e alumnas, profesores e profesoras e persoal de servizos do centro a ir en bicicleta ao instituto para gañar un agasallo.
Así mesmo, desta vez, o centro quere continuar co Proxecto de mobilidade sostible e segura iniciado o curso pasado premiando, de novo, a todos os membros da comunidade educativa que empreguen a bicicleta para ir instituto ou ben no seu tempo de lecer.
A campaña está apoiada por casas comerciais que aportan agasallos para que esta iniciativa continúe e exista unha maneira de incentivar o emprego de medios de transporte alternativos, así coma axudar ao coidado do medio ambiente.
Ademais, dende o centro informan se pode descargar unha aplicación gratuíta onde se indique o percorrido realizado. Unha vez feito, haberá que envialo -ou a foto da bici na ruta- á dirección de correo pdcxograrafonso@gmail.com.