Mon Devane regresa a Sarria con 'Pulpezas', a súa nova exposición artística

SarriaXa
A mostra ten como protagonista un dos elementos máis característicos do imaxinario de Mon Devane: o polbo
Pulpezas-Mon-Devane
29 Jan 2025

O artista urbano ourensán Mon Devane, coñecido por ser autor de dous dos murais que adornan as rúas de Sarria, regresa á vila cunha nova proposta artística. A súa exposición, titulada 'Pulpezas', poderá visitarse na Antiga Prisión Preventiva entre o 4 de febreiro e o 21 de abril.

A mostra ten como protagonista un dos elementos máis característicos do imaxinario de Mon Devane: o polbo. Segundo o propio autor, Pulpezas é unha reflexión visual sobre esta criatura mariña, presentada como “peza de arte ou rareza saída do imaxinario de Mon Devane”. Un dos elementos máis distintivos da exposición será un tentáculo de polbo cun aspecto cerámico, sobre o que se interveñen tags propios do graffiti, unha mestura entre a cultura urbana e a artesanía.

A inauguración da mostra será o 4 de febreiro ás 12.30 horas, na Antiga Prisión Preventiva, e estará aberta ao público de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Para aqueles interesados en visitar a exposición en horarios fóra deste, será posible concertar cita chamando ao 982 530 668 ou enviando un correo a turismo@sarria.gal.

Unha proposta única para os amantes do arte contemporáneo e urbano que non queren perderse esta nova creación do artista ourensán.

0.158695936203