Monseiro celebra o Magosto e Serán con música tradicional da man de Peleriños

A Asociación de Veciños e Cultural de Monseiro, no concello de Láncara, celebrará o seu tradicional Magosto e Serán o vindeiro 8 de novembro a partir das 20.00 horas. A xornada contará coa presenza dos integrantes da Asociación Cultural Peleriños, de Sarria, que acudirán para animar a festa cunha foliada aberta a todo o público asistente.
Desde o colectivo sarrián sinalaron que acudirán “cos nosos instrumentos, pero sobre todo con moitas ganas de pasalo ben e gozar do que máis nos gusta, que é unha boa foliada”. Ademais da música tradicional e do ambiente de convivencia veciñal, as persoas que se acheguen poderán saborear castañas asadas e degustar pinchos, iscos e raxo, completando así unha proposta gastronómica típica destas datas.
O Magosto e Serán de Monseiro continúa consolidándose como unha das citas culturais máis destacadas da parroquia, mantendo vivas as tradicións populares e creando un espazo para compartir música, comida e celebración comunitaria no corazón do outono.