Unha veciña de Montelora, en Cedrón, inaugura un taller de gravado

Esta tarde de sábado, 10 de maio, ás 18:00 horas, abrirá oficialmente as súas portas o Taller de Gravado Montelora, un novo espazo dedicado á arte e á creatividade situado na casa de Lola, veciña de Cedrón, quen lidera esta iniciativa cultural no rural de Láncara.
Durante o acto de inauguración, haberá unha mostra de gravados e farase unha visita ao taller, así como se ofrecerá un viño de benvida.
O evento contará coa presenza de Carmen José López, directora territorial da Consellería de Emprego en Lugo, en representación da Xunta de Galicia, así como coa participación de Olga Capón e Miguel Losada, membros do PP de Láncara, quen destacou a importancia de proxectos como este: “Esta iniciativa é moi importante, porque despois do MUVICLA, en Láncara non hai demasiadas iniciativas, é máis, pechan locais na Pobra de San Xiao”.
A inauguración será tamén unha oportunidade para veciños e visitantes de coñecer de preto o proceso do gravado, así como para compartir un momento de encontro arredor da arte.
Así, faise un chamamento especial á veciñanza de Cedrón, convidando a todos a participar desta xornada de celebración e apoio ao talento local.