Morganah Souljah súmase ao cartel do Festival Tremeterra no Incio

O Festival Tremeterra, que se celebrará os días 29 e 30 de agosto no entorno natural do Encoro de Vilasouto, en O Incio, acaba de anunciar unha nova incorporación ao seu cartel: Morganah Souljah, unha artista multidisciplinar que está a revolucionar o panorama sound system.
Recoñecida pola súa versatilidade e forza escénica, Morganah Souljah comezou a súa traxectoria destacando coa melódica, e foi evolucionando como selectress ata consolidarse como produtora musical. Na actualidade, lanza dubplates e remixes que soan en escenarios de todo o mundo, confirmando a súa proxección internacional.
Con esta nova confirmación, o Festival Tremeterra reforza o seu compromiso coa música alternativa e a cultura sound system, nun enclave único que promete converter O Incio nun punto de referencia musical a finais de verán.