Mulleres de Raíz Feminismo de Sarria e o BNG condenan as palabras dun concelleiro popular

SarriaXa
Marcos López publicou nas súas redes sociais unha mensaxe que despertou críticas nos nacionalistas e no colectivo feminista de Sarria
punto-violeta-Sarria-feminismo
8 Ago 2024

O colectivo Mulleres de Raíz Feminismo Sarria denunciou unas súas redes sociais que non se fixera ningún acto no Concello en repulsa contra da violencia machista e do novo femenicidio da Coruña que se produciu na Coruña.

Ademais, aproveitaron para criticar unhas palabras do concelleiro do Partido Popular, Marcos López, que puxo nas súas redes sociais a mensaxe: “Que estoy pensando? Pues, que este gobierno para defender al trabajador ataca al empresario, para defender a la mujer, ataca al Hombre”.

Desta maneira, o BNG de Sarria tamén comunico na súas redes sociais que “non se poden consentir que un cargo público do Concello se adique a facer este tipo de comentarios”. Así, argumentan que o comentario do edil popular “apoia a estratexia negacionista da violencia machista que está a seguir a extrema dereita”.

Por iso, desde o BNG din que “non imos calados. A estas alturas e despois do que estamos a vivir, é vergoñento ter que recordar que a violencia machista é unha lacra para a nosa sociedade e que comparar dita violencia con outras, ou mesmo levala ó terreno laboral, ademáis de ser un razoamento ben pobre, é un intento de quitarlle importancia e tomala á lixeira”, conclúen.

0.17366290092468