Mulleres de Raíz organiza unha iniciativa para ler poemas contra a violencia machista este 25N en Sarria
SarriaXa
O colectivo feminista Mulleres de Raíz de Sarria organiza un acto literario para este sábado, 25 de novembro, en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25N.
22 Nov 2023
O colectivo feminista Mulleres de Raíz de Sarria organiza un acto literario para este sábado, 25 de novembro, en conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25N.
Convocan a todas as persoas interesadas en participar ás 19.30 horas no Montecarlo, na rúa Diego Pazos, 1, para ler versos libres en contra da violencia machista.
Estas serán lecturas de versos de mulleres poetas, lecturas en feminino, tanto de mulleres da asociación como de demais mulleres que queiran participar, traendo os seus libros e lendo para as persoas participantes.