Sarria homenaxea a Elías Valiña Sampedro cun mural
SarriaXa
Sarria homenaxea a Elías Valiña Sampedro como fillo predilecto da vila cun mural na rúa Benigno Quiroga feito por Diego As
12 Dec 2022
Os sarriaos xa poden desfrutar dun mural en homenaxe ao fillo predilecto de Sarria, Elías Valiña Sampedro, que xa se pode ver no edificio dos números 19-21 da rúa Benigno Quiroga.
Este sacerdote e escritor nado na parroquia de Santa María de Lier (Sarria) foi o grande impulsor das peregrinacións a Santiago de Compostela a través de Sarria.
Grazas a el, púidose recuperar e revitalizar tanto o Camiño de Santiago como o concello. Así conseguiu tamén o recoñecemento de valedor do camiño.
O Concello de Sarria amosou a través das redes sociais a ledicia que é para todos os veciños de Sarria esta obra encargada a Diego Anido, máis coñecido como Diego AS.
Esta composición artística en pintura é un motivo máis para valorizar a vila.