Musel, Greg Izor e Blue Merrow actuarán esta fin de semana no Buril de Sarria
O Buril acolle tres concertos esta fin de semana, un o venres pola noite e outros dous o sábado, un en sesión vermú e outro de noite.
Así, o venres a partir das 23.00 horas actuará Musel, cuxa entrada custará 5 euros. En canto ao sábado, ás 13.00 horas será a quenda de Greg Izor Qu4rt3t, cuxa entrada tamén custará 5 euros. Xa por último, o sábado a partir das 23.00 horas actuará Blue Merrow, cuxa entrada ascenderá a 8 euros.
Este último grupo nace en 2019 en Pontevedra como un proxecto concibido co obxectivo de crear e interpretar música baseada na improvisación e cunhas pautas que chegan aos seus músicos desde agrupacións de finais dos anos sesenta e primeiros dos setenta. O resultado é un espazo musical sen máis limitación que a definida polos solistas da banda: órgano e guitarra eléctrica.
A base rítmica (baixo, batería e percusión) para acompañar con ritmos baseados en melodías bluesy, espaciais e acentos de hard rock que o oínte poderá identificar nos directos. As letras de corte enigmático, achegan un elemento máis a esta agrupación.