Música, gastronomía, cultura e, sobre todo, moita festa, serán os protagonistas do San Xoán de Sarria

SarriaXa
O programa das festas patronais de Sarria inclúe dúas horas nas que non haberá ruído na zona das atraccións para o desfrute das persoas con hipersensibilidade
grupo sarria san xoan
Festas do San Xoán de Sarria
12 Xuño 2024

O Goberno local de Sarria vén de dar a coñecer o programa completo das súas festas patronais, que levan por nome o San Xoán de Sarria 2024, que acollerán diferentes actividades culturais, gastronómicas e sobre todo musicais desde o 21 de xuño e ata o 25 incluído.

Cabe destacar que este ano, ademais, haberá todos os días dúas horas sen ruído, entre as 18.30 e as 20.30 horas, na zona das atraccións co fin de promover que nenos e adultos con hipersensibilidade poidan desfrutar das festas.

Desta maneira, as festas comezarán o venres, 21 de xuño, ás 20.00 horas co pregón na Casa do Concello a cargo de Xaime Félix López Árias 'Arlindo' e, posteriormente, terá lugar  a tirada do foguetón que sinala o inicio das festas, coas actuacións da Coral Polifónica do Concello de Sarria, a Banda Municipal de Sarria, Os ClariSaxos, a Asociación Cultural Meigas e Trasgos e a  Asociación Cultural Peleriños na praza da Constitución.

Ese mesmo día, ademais, desfilarán as Pampónigas acompañadas de Dimonis de La Plana e desenvolverase o VibraXoán en Catro Camiños. Xa ás 21.30 horas terá lugar a actuación dun artista local e ás 22.30 horas será o concerto de Nena Daconte no cruce de Catro Camiños. Finalmente, ás 22.30 horas, haberá festa e verbena coas orquestras Players e Kubo no Campo de Rugby.

Pola súa parte, o sábado 22 de xuño, haberá pasarrúas coa Ascociación Cultural Peleriños e a Charanga Louband, e tamén VibraXoán no Campo de Rugby. Ás 20.00 horas actuará Louband, ás 20.15 horas, Ultramarinos; e as 21.45 horas, a Duendeneta. Logo, terá lugar a cea Americana na Sociedade Recreativa La Unión e haberá verbena coa orquestra Tokio. Xa ás 23.15 horas terá lugar a actuación Niña Polaca no Campo de Rugby e ás 01.00 horas será a festa e verbena coa orquestra La Fórmula no Campo de Rugby.

Xa o domingo, 23 de xuño, e antesala do San Xoán, as actividades comezarán coa sesión vermú coa Duendeneta na Explanada da Estación e haberá pasarrúas coa Banda de Música da Comarca de Sarria e a Charanga Paradela. Xa ás 21.30 horas tera lugar a "pancetada" popular no Campo da Feira con chourizos e iscos e ás 22.30 horas será a quenda do grupo de Folk Eoas. Pola súa parte, ás 23.00 horas terá lugar a queimada popular, como antesala do acendido da Fogueira de San Xoán ás 00.00 horas, á que seguirá a actuacion de Correfoc – Dimonis de La Plana. Finalmente, ás 00.30 horas haberá verbena coa orquestra New York no Campo de Rugby.

As actividades continuarán, e o 24 de xuño haberá pasarrúas coa Banda Municipal de Sarria e Dimonis de la Plana de mañá, e ás 11.30 horas será a recepción de autoridades no Concello, seguido do repenique de campás na Igrexa de Santa Mariña para logo ter a Misa Maior cantada pola Coral Polifónica do Concello de Sarria ás 12.00 horas. Ao remate, ás 12.45 horas, desenvolverase a procesión acompañada pola Banda Municipal de Sarria e ás 13.30 horas terá lugar a sesión vermú na Sociedade Recreativa La Unión coa actuación da Asociación Cultural Meigas e Trasgos e o grupo Dous Bos. Xa pola tarde haberá pasarrúas coa Louband, Asociación Cultural Meigas e Trasgos e a Asociación Cultural Peleriños. Xa pola noite, ás 22.15 horas haberá festa coa orquesta Ocaband e ás 00.00 horas tirarán fogos de artificio. Por último, a partir das 00.15 horas haberá verbena coas orquestras Paris de Noia e Ocaband.

Finalmente, o martes, 25 de xuño, comezará a festa ás 13.30 horas coa sesión vermú na Sociedade Recreativa La Unión, coa actuación da Banda da Comarca de Sarria. Xa pola tarde terá lugar o Festival Infantil de San Xoán na praza da Vila con pintacaras, aventuras, xogos e diversión, e ás 19.30 horas haberá unha Hora Máxica con Roberto Lolo. Xa ás 20.30 horas, terá lugar o concurso de baile a cargo de ensinanzas Creativa Sarria coa música da Banda Municipal de Sarria, Louband e Lolo Castro; e, finalmente, ás 22.30 horas rematarán as festas coa verbena coa orquestra Los Satélites no Campo de Rugby.

0.16401219367981