Mutualistas e Dagla actuarán este venres no Buril de Sarria

SarriaXa
Mutualistas e Dagla actuarán este venres no Buril de Sarria e as persoas interesadas neste evento terán que pagar 6 euros
Concerto buril Mutualistas
11 Abr 2023

O Buril organiza un concerto para este venres, 14 de abril, a partir das 22.30 horas.

Nesta ocasión, serán Mutualistas, un grupo de punk rock de Lugo, e Dagla, un grupo de stoner da Coruña, os que actuarán na sala Buril de Sarria.

O prezo da entrada para desfrutar da música destes dous grupos será de seis euros.

Por outra banda, o sábado, día 15, tocarán Rover Hakes dende Extremadura e Noite Atari desde Galicia a partir das 22.00 horas e terá un custo de 5 euros.

0.085841178894043