Nace o Obradoiro Benito Jerónimo Feijoo da man da Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos
A Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos creará o Obradoiro Benito Jerónimo Feijoo coa intención de contribuír á promoción cultural e económica do municipio, celebrando a súa asemblea constituínte o vindeiro 28 de setembro.
Este obradoiro leva o nome do frade beneditino que residiu no mosteiro samanense considerado como o principal ensaísta español da época da Ilustración, por iso farase a asemblea o 28 de setembro, que é un día despois do aniversario do falecemento do frade.
O obxectivo do Obradoiro, ademais de ser impulsar e promocionar a Feira de Artesanía, tamén se promoverá poñer en valor o municipio con xornadas culturais e históricas, editaranse libros e outras actividades coas que fomentar a curiosidade intelectual, cívica e profesional. Así, divulgarase a obra de figuras representativas da cultura de Samos.
A entidade estará formada por directivos da Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos e por outras persoas achegadas que colaboran coa Feira de Artesanía de Samos ou xente vinculada ao concello e á comarca de Sarria.