Nace unha nova asociación veciñal de propietarios de leiras da parroquia Ribeira de Sucastro de Paradela

SarriaXa
Nace unha nova asociación veciñal de propietarios de leiras da parroquia Ribeira de Sucastro de Paradela para xuntarse
asociacion ribeira de sucastroparadela
13 Xul 2023

O Concello de Paradela promove a creación dun novo proxecto no municipio para xuntar diferentes terreos dos veciños e veciñas da parroquia da Ribeira de Sucastro.

Así, baixo o nome de Asociación de Propietarios Ribeira de Sucastro Paradela, esta iniciativa veciñal ten como finalidade xestionar conxuntamente as leiras en propiedade dos diferentes veciños e veciñas coa idea de darlles unha utilidade produtiva e protectora.

Actualmente, están en proceso de incorporar máis socios á Asociación e intentando atopar aos propietarios das leiras das que non teñen os datos, polo que deixan unha serie de números referidos a eses terreos para quen queira poida contactar con eles a través do número 651916902 ou o 611413582.

0.08350396156311