Nacho, da Asociación Cultural Que Facemos!? de Sarria, presenta a súa nova obra en París

O artista Nacho, membro da Asociación Cultural Que Facemos!? de Sarria, exporá a súa máis recente obra de arte dixital titulada ‘Insilio: Inner Sanctuary’ durante o evento NFT de arte dixital que se celebrará os próximos 13 e 14 de febreiro no Grande Halle de la Villette, en París.
A exhibición, que estará acompañada dunha curaduría centrada no concepto de ‘insilio’, invita ao espectador a reflexionar sobre a importancia da introspección nunha época na que os logros e a satisfacción adoitan percibirse como algo exterior. ‘Insilio’ propón a exploración do eu profundo, un viaxe cara ás capas máis íntimas da percepción, revelando que dentro de nós existen aspectos moito máis interesantes e significativos do que solemos pensar.
“A miña proposta consiste en ofrecer un espazo no que a estética e o tema se entrelazan para explorar unha dimensión profunda da existencia. Escolleu aos artistas que participan nesta exposición en función desta idea. Son A.L. Crego, de Ordes; cemhah, de Turquía; Spøgelsesmaskinen, de Dinamarca; e Yudho, de Indonesia”, explicou Nacho.
A obra ‘Insilio: Inner Sanctuary’ preséntase como un descenso cara o máis profundo da nosa conciencia. Lonxe de ser unha escapatoria, este traballo busca ser unha excavación, unha revisión das raíces da nosa existencia nun contexto de ruído constante. "Porque se todo é ruído, o silencio é un acto de guerra", afirma o artista.
A través dunha serie de obras dixitais que exploran dinámicas como a distorsión, a repetición e a reconstrucción da forma, ‘Insilio’ crea un espazo onde o espectador non só observa, senón que interactúa. É un lugar onde a arte se converte nun enigma, unha chave que abre novas portas e, ao mesmo tempo, unha pechadura que mantén o seu misterio.
Esta innovadora proposta de Nacho ofrece unha nova visión da arte dixital, invitando os asistentes a habitar un espazo único de reflexión e autocoñecemento no marco do evento NFT de arte dixital máis destacado de París.