Naila González presentará o seu poemario (De)catarse na Casa da Cultura de Sarria

SarriaXa
O poemario foi gañador do Premio Francisco Añón de poesía, que se celebra anualmente no Día das Letras Galegas
Casa-da-Cultura-Sarria
26 Out 2024

Esta tarde de sábado, 26 de outubro, a partir das 17.00 horas, a Casa da Cultura de Sarria acolle a presentación do poemario (De)catarse, da sarriá Naila María González Rodríguez, gañadora do Premio Francisco Añón de poesía.

Con só 19 anos, Naila comparte nesta obra sentimentos profundos, recordos da súa infancia e momentos vividos co seu avó, creando unha viaxe de “catarse” emocional a través da palabra.

‘(De)catarse’ recolle poemas que preparou nos últimos dous anos da súa vida e o título é un xogo de palabras que fai referencia a unha catarse.

O xurado do galardón destacou "a frescura, axilidade, precisión e economía da linguaxe empregada, ao servizo dunha voz poética que percorre pasaxes significativas da infancia, manexando humor e capacidade evocativa a un tempo".

0.17711997032166