Natalia, de Tapisa: "O que nos diferencia de outros negocios de mobles é traballar dunha forma moi personalizada”

SarriaXa
Natalia López, xerente de Muebles Tapisa, leva á fronte deste negocio máis anos dos que lembra, xa que sempre estivo ligada ao negocio, sendo familiar dos donos orixinarios deste establecemento
Tapisa
8 Dec 2024

Por Jessica Fernández

Cales son os inicios de Tapisa?

A historia de Tapisa xorde hai máis de 40 anos pola paixón profunda que sentían os fundadores polo deseño e a funcionalidade. Ao longo deste anos, medramos en experiencia e como equipo, pero a nosa esencia segue intacta, xa que o noso compromiso é converter cada proxecto nunha obra de arte única. Dedicámonos con paixón a transformar espazos e crear ambientes únicos a través da arte da tapicería. E énchenos de orgullo ser unha empresa familiar que pon o corazón en cada detalle, asegurando a calidade, a personalidade e a comodidade como piares do noso traballo.

Que produtos e servizos se ofrecen?

O primeiro dos servizos que ofrecemos é a fabricación a medida de mobles exclusivos, perfectamente adaptados ao espazo e o estilo persoal de cada cliente. Así, facemos desde sofás ata butacas e cabeceiros. Cada peza está deseñada en colaboración co cliente, asegurando que o resultado final sexa o que quere. Por outra banda, ofrecemos un servizo de retapizado co fin de darlle unha nova aparencia aos mobles, senón tamén mellorar a comodidade e a durabilidade destes, usando os mellores materiais do mercado. Ademais, tamén ofrecen produtos de calidade para ter o mellor moble, como texidos antimanchas, antiácaros, antivirus e antibacterias. Con respecto aos produtos, temos cabeceiros, butacas, rinconeras, sofás, chaise long, y auxiliares e complementos.

Como é o proceso de compra e entrega?

Un cliente vén a Tapisa e cóntanos o que busca, xa sexa renovar un espazo cun novo sofá ou darlle unha segunda vida a un moble e nós escoitamos. Logo, axendamos unha sesión de asesoramento sen custo para explotar materiais, estilos e discutir as ideas do cliente cun experto co fin de entender as necesidades e ofrecerlle as mellores opcións personalizadas. Con iso, presentamos un deseño inicial e un presuposto detallado, así como esquemas visuais, mostras materiais e todos os custos e tempos de entrega. Cando o cliente aproba o deseño e o presuposto, comeza a creación do sofá a través da confección dos nosos artesáns, que utilizan técnicas tradicionais combinadas con innovacións modernas para asegurar a calidade e a durabilidade. Ao longo do proceso, o cliente recibe actualizacións e fotos, para que estea informado do proceso do seu proxecto. Despois, cando o sofá está listo, desde Tapisa poñémonos en contacto co cliente para concertar o día da entrega para que a entrega e a instalación sexa o máis conveniente para o cliente, encargándonos do transporte e da instalación do sofá no espazo elixido da casa. Así, realizamos unha inspección final para asegurarnos de que todo estea perfecto. Ademais, despois de probar o sofá, estamos en contacto directo co cliente para asegurarnos de que está completamente satisfeito. Este seguimento posvenda é parte do noso compromiso co cliente e coa calidade do traballo.

Cales son as características que destacan de Tapisa?

En Tapisa destaca a personalización, a calidade e a satisfacción do cliente, xa que entendemos que cada persoa é única e cada proxecto que emprendemos é unha nova oportunidade para superar as expectativas. Por iso, seleccionamos de forma coidadosa os materiais e prestamos atención a todos os detalles ata o acabado. Ademais, ofrecemos un asesoramento experto no que explicamos a nosa calidade artesanal, os materiais de primeira calidade, ofrecemos medicións e consultas gratuítas e estamos en continuo contacto co cliente.

É necesario un sitio como este en Sarria?

Os tapiceiros creo que son necesarios en todas partes, sempre hai pezas que poden ter unha segunda vida, se ti tes unhas boas cadeiras e están moi usadas, con cambiar os recheos e o tecido podes seguir usándoas, por poñer un exemplo.

Como é competir nun sector tan amplo como este?

A competencia é cada día máis voraz, xa que outros traen sofás doutros países nos que os custos son moitísimo mais baixos e aquí é imposible competir con eles. A única maneira de competir é traballar dunha forma moi personalizada, todo a medida e dando un trato moi personalizado. Traballamos moito con cita previa e así o cliente ten asegurado un trato e unha dedicación plena ao seu proxecto.

Cales son as necesidades e problemas do sector?

O gran problema no noso sector é algo moi común noutros: o relevo xeracional, que non hai xente nova que se anime a aprender un oficio.

Onde se atopa Tapisa?

Tapisa atópase na estrada Comarcal 546, km 21-Polígono de Balmao en Sarria e abrimos de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Os sábados atendemos a clientes con cita previa e os domingos, pechamos.

⚙ Configurar cookies
0.79249596595764