Nenos do Incio recolleron lixo en Vilasouto e aprenderon sobre carpintería en Laiosa
SarriaXa
Dúas actividades que realizaron organizadas desde o colexio
Nenos na zona de Vilasouto e no taller
1 Jun 2024
Os nenos e nenas do Colexio do Incio fixeron unha saída para coñecer a casa, o taller de carpintería e a fragua de José Luis, un veciño de Laiosa que lles abriu as súas portas para ensinarlles os seus tesouros da infancia e como se traballaba antigamente na carpintería e na fragua.
Desde o centro agradecen enormemente "a súa xenerosidade e que compartira os seus coñecementos con todos os nenos e nenas".
Os pequenos tamén fixeron unha saída a Vilasouto, unha ruta que fan todos os anos pola na contorna do encoro e na que aproveitan para recoller o lixo que van atopando e manter a natureza en bo estado. Tamén observan as especies de fauna e flora que hai no Concello.