Nieves Gayoso recibiu o seu premio pola campaña do Día da Nai da ACES
SarriaXa
Esta mamá foi premiada grazas a unha compra en Isabel Moda
14 Maio 2024
Nieves Gayoso Álvarez recibiu o premio do sorteo realizado polo Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria polo Día da Nai e no marco da campaña 'A nai que me pariu'.
Así, esta mamá foi premiada grazas a unha compra en Isabel Moda e agora poderá desfrutar dese fin de semana para dúas persoas nun balneario da provincia de Lugo en réxime de media pensión.
Andrea Sánchez, xerente da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria, foi a encargada de entregarlle o seu premio.