Noa López, do CB Sarria de baloncesto, entre as seleccionadas para xogar a U14 Feminina
SarriaXa
Noa López, do CB Sarria de baloncesto, entre as seleccionadas para xogar a U14 Feminina en Íscar (Valladolid)
25 Jul 2022
Noa López, a integrante do CB Sarria de baloncesto, foi seleccionada para participar na U14 Feminina, unha convocatoria de preselección española que se celebrará en Íscar (Valladolid) do 7 ao 13 de agosto.
Neste campionato as 24 xogadoras, logo de moitas horas se entrenamento, separaranse en dous equipos (branco e vermello) que participarán nun triangular xunto a selección de Portugal.
Isto supón sen ningunha dúbida, un gran peche para esta exitosa tempada 21-22 que a nivel deportivo está a desfrutar o CB Sarria.