Noelia López López gaña o concurso de sobremesas nadalicias de Sarria
![tarta-Noelia-Nadal-Sarria](https://sarriaxa.com/wp-content/uploads/2025/01/tarta-Noelia-Nadal-Sarria.jpg)
O Concello de Sarria vén de anunciar os gañadores do concurso de sobremesas nadalicias 'Un Nadal con sabor', destacando a creatividade e o talento culinario dos participantes.
Este ano, o primeiro premio, dotado con 250 euros, foi para Noelia López López, grazas a unha impresionante torta en forma de cabana decorada con motivos navideños.
O segundo premio, de 200 euros, recaeu en Lucía Rodríguez Pérez, autora dunha deliciosa torta de nata e limón, mentres que o terceiro posto, cun premio de 100 euros, foi para Mario Serrano Garrido e os seus orixinais e divertidos 'choco Rodolfos'.
O xurado, composto por Sonia González, María Montes e Beatriz Ventosinos, destacou especialmente a obra da gañadora, elaborada cunha variedade de ingredientes como galletas María, queixo de untar, turrón brando, chocolates, lacasitos e nata montada. "Unha auténtica obra de arte que conquistou ao xurado", sinalaron desde o Concello.
O evento, que busca fomentar a participación veciñal e o talento culinario local, contou cunha alta participación e gran entusiasmo por parte dos sarrianos.
Desde o Concello agradecen a todos os concursantes a súa dedicación e animan á cidadanía a participar nas próximas edicións para seguir sorprendendo coas súas creacións gastronómicas.