Non ás guerras!

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa
En Faíscas que espalla o vento, Raúl Río fai un percorrido polos feitos da historia máis recente e coa perspectiva actual
11 Apr 2022

Por Raúl Río

Parece que agora a UE está contra as invasións, porque os estadounidenses levan desde 1775 mais de 61 invasións en 41 países e nunca se viu nos medios unha campaña propagandística similar á que organizaron agora pola intervención rusa en Ucraína. Vendo as televisións, escoitando as radios e lendo os periódicos comisionados polos Gobernos, dá a impresión de que o mundo vai moi ven, pois din que só hai unha guerra, cando hai tantas e con crisis humanitarias moito mais fortes que a de Ucraína. Guerras contra as que tamén estou, que estaban caladas e seguen mais caladas aínda desde o 24 de febreiro, de aí que o título sexa en plural. Pero a hipocrisía e o racismo destes gobernos occidentais non ten límite, pois recollen aos que escapan daquel inferno mentres protexen as súas fronteiras con vallas de afiadas coitelas para que non entren os que foxen doutras guerras, ou da fame, e deixan afogar no Mediterráneo aos subsaharianos que ousan cruzalo.

Sei que Putin é un imperialista, dunha extrema dereita parecida a VOX, polo que diverxemos moito ideoloxicamente, pero iso tampouco me dá dereito a tomar unha postura ante un feito de tanta transcendencia sen analizar antes as causas que propiciaron a súa decisión de intervir nunha nación soberana. Estamos en guerra e hai que reflexionar, dicían os Resentidos. En primeiro lugar, compre ter en conta que esa guerra non empezou o pasado 24 de febreiro, senón que foi en febreiro do 2014, cando mediante unha revolución de cores organizada pola CIA, que coa axuda dos neonazis ucraínos derroca ao lexítimo presidente elixido polo pobo, Víktor Yanukóvich, para meter a Ucraína na OTAN e acurralar ao oso ruso colocando alí mísiles e destruir ese país.

Logo, o novo goberno prohibiu os partidos de esquerdas, así como falar ruso en Donetsk e Lugansk, polo que estes pobos levantáronse en armas contra os golpistas e decidiron independizarse nun referendo, pero como as autoridades de Kiev non recoñeceron a independencia e tampouco Rusia o fixo daquela, o conflito seguía e só despois, por mediación de Putin, firmaron o Protocolo de Minsk, baixo os auspicios da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE), acordando parar a guerra e darlles unha autonomía, pero o exército ucraíno e os grupos armados nazis non respectaron ningún dos doce puntos do Protocolo e seguiron bombardeando á poboación rusófila deses pobos, asasinando desde 2014 mais de 14.000 persoas, pero o presidente Volodímir Zelenski facía oídos xordos.

Ante o incumprimento do Protocolo, Rusia chamou a respectalo e parar as masacres no este de Ucraína, pero mentres tanto EE.UU non daba puntada sen fío e provocaba constantemente con manobras militares e incursións aéreas e navais en territorio ruso, co fin de provocar un conflito e prometéndolle a Zelenski que os ían meter na OTAN, cando Putin deixou en todo momento moi claro que esa era unha das liñas roxas que non ía permitir: Non quería mísiles en Ucraína apuntando a Moscova, nin bases americanas nas súas fronteiras, do mesmo xeito que Kennedy non quixo mísiles soviéticos en Cuba en 1962, polo que lles recoñeceu a independencia e decidiu intervir.

A verdade non se pode buscar acochándoa coa censura, e a mentira hai que combatela e desenmascarala coa verdade, pero os occidentais pretenden impoñernos a súa razón censurando “Russian Today TV”, mais de 2.000 medios rusos e o documental que estaba en Youtube, “Ucrania en llamas”, do estadounidense Oliver Stone sobre o golpe de estado de 2014, o que delata que teñen moito que acochar.

Pero, como a mentira ten as patas moi cortas e o seu recorrido é tamén escaso, sempre hai alguén que a destapa. Nesta ocasión foi un experto militar estadounidense e ex-asesor do Pentágono, o coronel retirado Douglas MacGregor, nunha entrevista que calquera pode ver en Youtube si non a censuran, nega as informacións que nos dan os medios occidentais sobre a resistencia do exército ucraíno e o fracaso do exército ruso. Asegura que os “neonazis ucraínos arruinaron os acordos de Minsk”; que Rusia “xa conseguiu todos os seus obxectivos de destruír as forzas ucraínas” e que si a cousa foi mas lenta do debido é porque “Putin deu ordes estritas de evitar vítimas civís e grandes danos á propiedade”, cando os “gobernos occidentais aseguran que é pola debilidade rusa e están aportando armas para prolongar a guerra”. Di que esas ordes de Putin frearon o avance dos rusos e deron falsas esperanzas aos ucraínos, o que occidente aproveitou para convencernos de que lle están producindo unha derrota, cando é todo o contrario. Afirma o militar estadounidense que o obxectivo de Washington é que non haxa unha tregua, alargando o conflito o mais posible para danar mais a Rusia coas sancións económicas e para venderlles mais armas aos probes ucraínos, que pagan coa súa vida os caprichos do primo de Zumosol, que os meteu no lío e deixounos na estacada.

Outros que pagamos o pato, debido á inflación que se dispara polas sancións a Rusia, somos todos os occidentais. Pero aos gobernantes europeos non lles importa. Eles seguen lambéndolle as botas ao Tío Sam e, na vez de apostar pola negociación e parar a guerra, apostan polo negocio, poñendo mais armas (que tamén pagaremos nós) nas mans de soldados coma o da foto, que leva un parche da coñecida caveira Totemkopf das SS nazis e vai armado con un lanza foguetes español C-40 enviado polo soldado Sánchez, presidente dese goberno que se di progresista.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15702295303345