Nova campaña de recollida de plásticos agrícolas no Páramo

SarriaXa
Nueva campaña de recogida de plásticos agrícolas en el ayuntamiento de O Páramo los días martes 18 y miércoles 19 de enero.
PLASTICOS AGRICOLAS 1
16 Xan 2022

O Concello do Páramo pon en marcha unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas. Con esta iniciativa os gandeiros poderán desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións.

Nesta campaña tan só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro, os plásticos deberán estar atados en fardos, non se poderán levar restos de leña, herba ou calquera outra cousa. Non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico.

Este servizo estará activo os días 18 e 19 de xaneiro no antigo vertedoiro municipal, no SAT A Penela (Grallás), no SAT Ladeira (San Vicente) e nas instalacións Rodriz Freire S.L.

Os plásticos poderanse depositar nos lugares os días sinalados durante todo o día e non se poderán realizar máis descargas de plásticos ata a próxima campaña.

0.077571868896484