Nova edición do Certame Literario Manuel-Orestes Rodríguez López do Concello de Paradela
O Concello de Paradela organiza un ano máis o Certame Literario Manuel-Orestes Rodríguez López, que este ano chega a súa vixesimo novena edición.
Este certame, promovido cada ano polo goberno local, conta coas categorías de narrativa e de poesía, así como unha modalidade especial sobre o Camiño de Santiago.
O prazo de presentación das obras abrirase o día 1 de outubro e pecharase o 30 de novembro de 2023. Tan só haberá que enviar un exemplar, sen sinatura e cun lema, ao Concello de Paradela situado na rúa Cabaleiros de Santiago 15, ou por correo electrónico oix.paradela@eidolocal.es.
Habeá un primeiro premio de 1.000 euros para cada cateogría e de 500 euros para o segundo premio. Na modalidade do Camiño de Santiago tan só haberá un primeiro premio.
O xurado reservase a facultade de conceder dous accésits de 250 euros e dúas mencións de honra do mesmo importe en cada categoría.
O Concello emitirá o seu fallo no mes de maio 2024 e poderá deixar deserto o premio en calquera das categorías.
Na edición anterior presentáronse 879 obras, das cales 379 corresponden á categoría de poesía e 466 a narrativa, das que 34 son da modalidade especial do Camiño de Santiago.
A obra de poesía ‘As palabras son cinzas por soprar, de María Soledad García Riveiro de Nigrán foi a obra gañadora elixida polo xurado. Mentres, o segundo posto foi para Xoán X. Piñeiro Cochón, de San Martiño de Salcedo, coa obra ‘Os trapecios terreais’.
Con respecto ás obras de narrativa, o primeiro premio foi para ‘Follas dun caderno de coiro marrón’, de Concepción Fernández López, da Coruña; e o segundo foi para Gabriel Estelrich Torrens, de Barcelona; coa obra ‘Vamos con todo, Johnny’.
Por último, outorgouse o premio de mención especial Camiño de Santiago a Patricia Torrado Queiruga, de Porto do Son, pola obra ‘Verba enxertada’.