Nova saída cultural da Asociación Grupo Xacobeo Sarria: A 4ª etapa da Vía da Prata

SarriaXa
Os participantes poderán desfrutar dunha xornada de sendeirismo en plena natureza, cun recorrido que combina o contacto co patrimonio cultural e a beleza das paisaxes
Grupo-Xacobeo-Rutas-Sarria
7 Mar 2025

A Asociación Grupo Xacobeo Sarria organiza unha nova saída cultural para o vindeiro 16 de marzo, que consistirá na 4ª etapa da Vía da Prata, que vai de Vendas da Barreira a Verín.

Esta etapa de 20 quilómetros, de dificultade baixa-media, discorre por fermosas aldeas típicas, bosques e corredoiras, e ofrece tamén impresionantes vistas ao Val de Monterrei.

Os participantes poderán desfrutar dunha xornada de sendeirismo en plena natureza, cun recorrido que combina o contacto co patrimonio cultural e a beleza das paisaxes galegas. Ao finalizar a ruta, o xantar terá lugar en Verín, onde os asistentes poderán reponer forzas.

O prezo para os socios da Asociación Grupo Xacobeo Sarria é de 45 euros, mentres que para os non socios será de 48 euros. A actividade promete ser unha oportunidade perfecta para descubrir unha nova ruta do Camiño de Santiago e compartir unha experiencia en boa compañía.

As persoas interesadas en participar deben anotarse antes da data límite, o 13 de marzo, e asegurar a súa praza para disfrutar desta experiencia única.

⚙ Configurar cookies
0.85632801055908