Nova vida para a casa consistorial da Torre que levaba pechada dende o 2010
O obradoiro de emprego encargouse da rehabilitación da antiga casa consistorial da Torre. Esta reforma tivo unha duración de nove meses e foi levada a cabo por seis alumnos. Entre as súas actuacións atópanse o pintado das estancias, a renovación do solo, a habilitación do aparcadoiro, etc.
A nova función deste edificio rehabilitado é como centro de reunión da veciñanza. Cando a situación sanitaria o permita, as instalacións acollerán diversas actividades como pilates ou zumba. Tamén se quere ofrecer aos veciños da contorna servizo de fisioterapia, etc.
O obxectivo principal é que os parameses teñan un sitio onde encontrarse e reunirse, tanto para facer comidas, como partidas de cartas.
O inmoble conta con dous aseos, unha cociña, un comedor, unha sala de reunións e un cómodo aparcadoiro diante das instalacións para facilitar o acceso.
Na actualidade as sesións plenarias, que ata o 2010 se celebraban neste edificio, teñen lugar nas oficinas municipais do multiusos.