Novas confirmacións súmanse ao cartel do Tremeterra Fest 2025

SarriaXa
Con estas incorporacións, o festival continúa a consolidarse como unha referencia para a cultura soundsystem
Tremeterra-2024-3
14 Jun 2025

Os organizadores do Tremeterra Fest veñen de anunciar a incorporación de dous novos artistas ao cartel do IV Encontro Soundsystem da Terra Brava, que se celebrará os días 29 e 30 de agosto no Encoro de Vilasouto.

Trátase de Indra MC, artista británico procedente de Bristol, que desembarcará na Terra Brava cunha proposta que combina melodía e lírica cunha potente enerxía dub, dubstep e steppers, todo condensado nun só home enriba do escenario.

Xunto a el estará tamén Bakin Black, desde Bilbao, que aportará ao encontro unha selección de vinilos repletos de mensaxes comprometidas, vibracións positivas e ritmos que curan.

Con estas incorporacións, o festival continúa a consolidarse como unha referencia para a cultura soundsystem e a música consciente en Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.16120505332947