Novas obras de acondicionamento no campo da feira do Páramo

SarriaXa
Novas obras de acondicionamento no campo da feira do concello do Páramo coa construción de beirarrúas, e o pintado dos pasos de peóns
vivenda social becin interior
19 sep 2022

O concello do Páramo vén de reformar as instalacións máis próximas ao campo da feira acondicionando para veciños e visitantes unha das zonas máis céntricas do municipio.

As obras, iniciadas na primavera, centráronse principalmente na construción de beirarrúas e na renovación dos servizos de saneamento e abastecemento. Foron financiadas pola Deputación Provincial de Lugo e contaron cun orzamento total de 275.000 euros.

As obras foron adxudicadas á empresa Irmáns Branco Trigo de Outeiro de Rei e afectaron a un tramo de máis dun quilómetro, dende o lugar coñecido como A Ciguñeira ata Casa de Aquilino.

A zona na que se desenvolveu esta intervención aglutina a maioría dos servizos do Páramo, dado que no campo da feira non só se atopa a súa singular carballeira, senón tamén o consistorio, o colexio, o centro social da Casa do Médico ou o ambulatorio.

As obras incluíron o asfaltado, a construción de beirarrúas, a renovación de servizos, o pintado dos pasos de peóns e a instalación de nova iluminación en toda a zona.

0.13357400894165